A túa voz é a miña casa
Tes unha voz que se abre dentro doutra
como se fose un traxe feito de auga.
Se miro para o ceo, sei que ti viches algo
que eu non vira. Es máis listo ca min.
Todos os días podes ver o mar. Sabes?
Da túa cidade chegan as treboadas.
Estamos cerca e lonxe, como a carne
e os planetas. Estamos dentro e fóra,
como o sangue e o sal. Abre a túa voz
por dentro para levarme á casa. Eu non
quero outra casa que non sexa a túa voz.
María do Cebreiro (1976, A Coruña, España); A lentitude, Chan da Pólvora editora, 2017
Un honor estar en tu Blog estimado maestro.